
Dende a Idade Media a serra de atapuerca serviu para a extracción de materiais de construcción e, no século XIX, co motivo da Revolución Industrial en España, comezáronse a construír as primeiras minas para o ferro e o carbón vasco. Establecéronse na zona insfraestruturas (raís de ferrocarril, túneles..) que destruíron importantes xacementos (ósos, industria lítica, covas...). Non obstante, tal empresa fracasou en 1917.
Anos máis tard

e, nas décadas dos '60 e '70 comezaron as primeiras excavacións de carácter científico da man do profesor Francisco Jordá Cerdá e o profesor Apellániz, que nos '80 irán cobrando importancia nas galerías da Sima de Huesos.
Na década dos '90 Juan Luís Arsuaga, José María Bermúdez de Castro e Eudald Carbonell Rouda toman a dirección das investigacións e atópanse importantes obxectos, obtéñense as primeiras evidencias de canibalismo en Europa , restos de
homo heidelberguensis e, o máis importante, atópanse os restos dunha nova especie (
homo antecessor) polo que se recibiría o Principe de Asturias e a denominación de Patrimonio da Humanidade, entre outros.