martes, 22 de febrero de 2011

Historia do Xacemento de Atapuerca

Dende a Idade Media a serra de atapuerca serviu para a extracción de materiais de construcción e, no século XIX, co motivo da Revolución Industrial en España, comezáronse a construír as primeiras minas para o ferro e o carbón vasco. Establecéronse na zona insfraestruturas (raís de ferrocarril, túneles..) que destruíron importantes xacementos (ósos, industria lítica, covas...). Non obstante, tal empresa fracasou en 1917.

Anos máis tarde, nas décadas dos '60 e '70 comezaron as primeiras excavacións de carácter científico da man do profesor Francisco Jordá Cerdá e o profesor Apellániz, que nos '80 irán cobrando importancia nas galerías da Sima de Huesos.

Na década dos '90 Juan Luís Arsuaga, José María Bermúdez de Castro e Eudald Carbonell Rouda toman a dirección das investigacións e atópanse importantes obxectos, obtéñense as primeiras evidencias de canibalismo en Europa , restos de homo heidelberguensis e, o máis importante, atópanse os restos dunha nova especie (homo antecessor) polo que se recibiría o Principe de Asturias e a denominación de Patrimonio da Humanidade, entre outros.

martes, 15 de febrero de 2011

A cultura das sociedades e a conciencia colectiva

Aínda que as anteriores entradas eran todas de filósofos ou antropólogos, esta entrada é de propia colleita.

Antes de que apareceran as primeiras civilizacións, cando o homo sapiens vivía aínda en tribos, xa había xerarquías. O home sempre organizouse en xerarquías, sempre houbo xefes e subordinados, reis e vasalos, xenerais e soldados... pero supoñendo que o home sempre organizouse en clases e sempre houbo alguén superior, non pode o home trascender? O home evolucionou sempre nos seus sistemas de goberno, pasando dun momento en que o máis forte era o líder (Nas tribos) ó momento en que un líder é elexido hoxe en día polas súas ideas. Nembargantes, a pesar de ser obvia a evolución das sociedades, califícanse de utópicas ideas como as marxistas ou as anarquistas. Pero hai que ter en conta que as ideas liberais nun primer termo tamén foron tomadas como utopías, e cando a revolución francesa dexenerou nun baño de sangue e máis tarde no golpe de estado de Napoleón, houbo tamén quen tomou como utopías a ideas de libertade. Se desmostruose que co progresivo desenrolo da conciencia da xente a democracia parece funcionar, coa progresiva trascendencia da conciencia colectiva, porque non podería funcionar a sociedade comunista ou o anarquismo? É certo e obvio que necesitamos que a sociedade madure, e impulsar esa maduración, porque ni nivel de hoxe en día nin sequera as democracias maduraron de todo, xa que son utilizadas pola clase burguesa para explotar á clase obreira. Só temos que impulsar a maduración do pensamento colectivo, e ben feito, en varios anos poderíamos estar no momento perfecto para trascender hacia outra sociedade mellor.

A conciencia colectiva da que se fala antes ten que ver sobre todo coa forma de pensar da xente e o seu compromiso coa sociedade. Se nunha sociedade a xente respeta as normas de convivencia e actúa pensando de forma colectiva, por exemplo manifestándose e reaccionando en masa contra as leis inxustas e que antepoñe o ben común os propios beneficios, estamos ante unha sociedade que ha trascendido ata un punto moito máis alto que moitas sociedades actuais.
Este pensamento colectivo ten que incluír a clase política, ou en outro caso, que a xente tenga unhas fortes conviccións para expulsar do poder a un grupo político corrupto que só pensa en si mesmo, para trascender hacia unha nova sociedade. O pensamento había trascendido na época da revolución francesa, nembargantes, non o suficiente para aterse as súas propias conviccións. A pesar das súas ideas de igualdade e xustiza, morreron moitos inocentes na época do terror, o que demostrou que a sociedade non estaba preparada aínda para trascender tan rápido. Temos na historia moitos exemplos de sociedades que trascenderon antes de estar preparadas ou que retrocederon. Baseándonos nisto, podemos dicir que ningunha sociedade é utópica, porque comprobamos que a sociedade trascendeu dende que organizábase en tribos, logo non hai sociedades utópicas, só sociedades que requiren dunha conciencia colectiva moi desenrolada. Logo impulsando esta conciencia por medio dunha educación, poderíase crear unha sociedade comunista ou anarquista.

ANTROPOLOXIA: as orixes do pensamento antropolòxico

A ANTROPOLOXIA PLATÒNICA. 2

Platòn consideraba que a alma (psique) humana estaba composta por tres partes, ou ben habia tres almas. Cada unha delas estaba ligada a cadansùa parte do corpo (cabeza, tronco, ventre) e lle correspondìan caracterìsticas e virtudes (areté) distintas. Asì, a parte superior do corpo albergaba à parte superior da alma (alma racional), a ùnica inmortal e responsable das funciòns superiores da alma, as relacionadas coa intelixencia, o entendemento e a razòn (logos). A parte intermedia (alma irascible) era a responsable das boas inclinaciòns e tendencias non racionàis humanas. E a parte inferior (alma concupiscible) è a sede das tendencias e inclinaciòns màis irracionàis, das paixòns e instintos que a cotìo arrastran ao ser humano perturbandoo ou desviandoo dos seus fins superiores.
A relaciòn entre estas tres partes da alma è considerada por Platòn de xeito xeràrquico, de modo que a parte superior debe naturalmente "mandar" sobre as outras duas partes da alma se o home quere, como è tamen un fin natural nel, acadar a armonìa e o equilibrio, que se relacionan, segundo un sìmil mèdico utilizado por Platòn, coa saùde da alma, como o equilibrio e armonìa das distintas partes e òrgaos do corpo estàn directamente relacionados coa sùa saùde.
O cèlebre lema mèdico "mens sana in corpore sano" parte de considerar esta ìntima relaciòn entre corpo e alma, esta interacciòn mùtua e a necesaria armonìa que hai que acadar entrámbolos dous para manter a saùde. Non obstante a prioridade da alma sobre o corpo è un suposto fundamental da antropoloxìa platònica.

martes, 8 de febrero de 2011

O materialismo cultural.

O materialismo cultural é unha concepción que intenta explicar, dende un punto de vista materialista e sobre a identidade diacrónica da sociedade, o comportamento dos individuos. O seu creador foi o antropólogo estadounidense Marvin Harris, cuxo traballo baseouse principalmente nas teses marxistas e malthusianas.

A súa tese principal reside na idea e que as condicións materiais rematan por determinar os patróns sociais e culturais, así, a cultura sería unha ferramenta de adaptación ao medio. Por ende, son seleccionados os comportamentos culturais que optimicen os recursos dispoñibles.

Herda do marxismo a división da sociedade en infraestrutura, ou estrutura, e superestrutura, e Marvin Harris centra o seu estudo nos elementos imperceptibles (dependentes da dispoñibilidade de recursos materiais) dunha sociedade que rematan por crear condutas determinadas.

Ademais, observa que nunha cultura son preservados os avances tecnolóxicos que:
1)as condicións materiais o permiten
2)sexan ''económicos'' en función dos custos e beneficios
3)en caso de disputa, beneficien o grupo de máis poder

Non obstante, o materialismo cultural recibe, como calquer outra corrente de pensamento, críticas. Estas céntranse no carácter sociopolítico da corrente que non intenta explicar a evolución dunha cultura ou do propio ser humano.

miércoles, 2 de febrero de 2011

ANTROPOLOXIA : as orixes do pensamento antropolòxico: Platòn

ANTROPOLOXIA FILOSOFICA: A ANTROPOLOXIA PLATÒNICA


Na obra do filòsofo ateniense Aristòcles (alcumado Platon) (c.427-347 a.J.C.) destaca a sùa concepciòn do home. Caracterìzase pola visiòn dualista da natureza humana, configurada por un corpo (soma) e màis unha alma (psique). O corpo è sensible mais a alma è intelixible. O corpo è mortal, a alma inmortal. O corpo è xenerado e se corrompe, a alma è eterna e incorruptible. O corpo està composto de mùltiples partes, a alma è simple e indivisa. O corpo è material, a alma inmaterial. Etc ..
A idea da inmortalidade da alma non era nova. Tomòuna Platòn da filosofìa pitagòrica. O pitagorismo (fundado polo filòsofo Pitàgoras de Samos no sèculo VI a.J.C.) introducira na xovencìsima recén nada filosofìa grega, esta idea dunha alma inmortal que non se corrompe trala morte do corpo e que tampouco provèn do propio corpo, senòn que non se ve afectada pola morte corporal, transmigrando a outros corpos nun ciclo perpetuo de sucesivas reencarnaciòns (metempsicosis).
Esta alma è tan distinta do corpo na sùa natureza que en realidade non se atopa libre encarnada nun corpo senòn prisioneira do mesmo. O corpo è unha càrcere para a alma, chegarà a dicir Platòn. Así considerada, a morte non è nada negativo nin fatal, senòn pola contra unha liberaciòn, xa que a alma sò pode liberarse realmente cando abamdoa a càrcere que supòn estar pechada nun corpo material e mortal. E iso sò sucede trala morte do corpo.