A súa tese principal reside na idea e que as condicións materiais rematan por determinar os patróns sociais e culturais, así, a cultura sería unha ferramenta de adaptación ao medio. Por ende, son seleccionados os comportamentos culturais que optimicen os recursos dispoñibles.
Herda do marxismo a división da sociedade en infraestrutura, ou estrutura, e superestrutura, e Marvin Harris centra o seu estudo nos elementos imperceptibles (dependentes da dispoñibilidade de recursos materiais) dunha sociedade que rematan por crear condutas determinadas.
Ademais, observa que nunha cultura son preservados os avances tecnolóxicos que:
1)as condicións materiais o permiten
2)sexan ''económicos'' en función dos custos e beneficios
3)en caso de disputa, beneficien o grupo de máis poder
Non obstante, o materialismo cultural recibe, como calquer outra corrente de pensamento, críticas. Estas céntranse no carácter sociopolítico da corrente que non intenta explicar a evolución dunha cultura ou do propio ser humano.
É interesante, pero como estudamos en clase, hai culturas que levan a cabo prácticas que as levan a extinción. Aínda así, esto só podería reforzar máis a idea de que é unha ferramenta, porque todo o que crea o ser humano pode ser imperfecto.
ResponderEliminarBastante bo pero non estou de acordo con que as culturas so preserven os avances tecnoloxicos beneficiosos porque nos últimos anos se estan a usar como fonte de enerxía para eses avances ,materiais moi contaminantes que producen un maior desastre no planeta que beneficio para a humanidade
ResponderEliminarSí, iso é certo, máis estanse a usar porque é económico utilizalas. No momento en que se recupere a inversión neste tipo de enerxías comezaranse a utilizar outras máis económicas (está demostrado que o son). Existe un conflicto e resólvese a prol da clase máis poderosa (os grandes inversores internacionais). Precisamente aquí radica a utilidade do materialismo cultural.
ResponderEliminarSaúde
Gran tese coa que estou de acordo, basada nos fundamentos do materialismo histórico de Marx. Coma todas as teorías centránse no aspecto económico debido as ideoloxías marxistas pero que non deizan de explicar actitudes humanas que intentan ser xustificados mediante tamen, outras teses, como alunghas partes da sociobioloxía.
ResponderEliminar