martes, 15 de febrero de 2011

A cultura das sociedades e a conciencia colectiva

Aínda que as anteriores entradas eran todas de filósofos ou antropólogos, esta entrada é de propia colleita.

Antes de que apareceran as primeiras civilizacións, cando o homo sapiens vivía aínda en tribos, xa había xerarquías. O home sempre organizouse en xerarquías, sempre houbo xefes e subordinados, reis e vasalos, xenerais e soldados... pero supoñendo que o home sempre organizouse en clases e sempre houbo alguén superior, non pode o home trascender? O home evolucionou sempre nos seus sistemas de goberno, pasando dun momento en que o máis forte era o líder (Nas tribos) ó momento en que un líder é elexido hoxe en día polas súas ideas. Nembargantes, a pesar de ser obvia a evolución das sociedades, califícanse de utópicas ideas como as marxistas ou as anarquistas. Pero hai que ter en conta que as ideas liberais nun primer termo tamén foron tomadas como utopías, e cando a revolución francesa dexenerou nun baño de sangue e máis tarde no golpe de estado de Napoleón, houbo tamén quen tomou como utopías a ideas de libertade. Se desmostruose que co progresivo desenrolo da conciencia da xente a democracia parece funcionar, coa progresiva trascendencia da conciencia colectiva, porque non podería funcionar a sociedade comunista ou o anarquismo? É certo e obvio que necesitamos que a sociedade madure, e impulsar esa maduración, porque ni nivel de hoxe en día nin sequera as democracias maduraron de todo, xa que son utilizadas pola clase burguesa para explotar á clase obreira. Só temos que impulsar a maduración do pensamento colectivo, e ben feito, en varios anos poderíamos estar no momento perfecto para trascender hacia outra sociedade mellor.

A conciencia colectiva da que se fala antes ten que ver sobre todo coa forma de pensar da xente e o seu compromiso coa sociedade. Se nunha sociedade a xente respeta as normas de convivencia e actúa pensando de forma colectiva, por exemplo manifestándose e reaccionando en masa contra as leis inxustas e que antepoñe o ben común os propios beneficios, estamos ante unha sociedade que ha trascendido ata un punto moito máis alto que moitas sociedades actuais.
Este pensamento colectivo ten que incluír a clase política, ou en outro caso, que a xente tenga unhas fortes conviccións para expulsar do poder a un grupo político corrupto que só pensa en si mesmo, para trascender hacia unha nova sociedade. O pensamento había trascendido na época da revolución francesa, nembargantes, non o suficiente para aterse as súas propias conviccións. A pesar das súas ideas de igualdade e xustiza, morreron moitos inocentes na época do terror, o que demostrou que a sociedade non estaba preparada aínda para trascender tan rápido. Temos na historia moitos exemplos de sociedades que trascenderon antes de estar preparadas ou que retrocederon. Baseándonos nisto, podemos dicir que ningunha sociedade é utópica, porque comprobamos que a sociedade trascendeu dende que organizábase en tribos, logo non hai sociedades utópicas, só sociedades que requiren dunha conciencia colectiva moi desenrolada. Logo impulsando esta conciencia por medio dunha educación, poderíase crear unha sociedade comunista ou anarquista.

3 comentarios:

  1. As túas palabras parécense ás de Saramago, quen falaba da ''responsabilidade'' colectiva. É certo que necesítase un forte sentimento de empatía para superar a fase capitalista. Non obstante, o sistema imperante promove mediante os mass media, o consumismo, a propiedade privade etc. uns valores individualistas que semellan difíciles de superar para as teses marxistas tradicionais que eliminaban a individualidade do home. Dialécticamente, é imposible o salto ao colectivismo en pouco tempo tras a fase capitalista.

    Deste modo, o anarquismo parece ser a saída máis viable ao modo de organización actual pola importancia do inviduo. Pero o problema do anarquismo reside en que hoxe en día é imposible a creación repentina dunha sociedade xusta sen un proceso de ''extinción'' en vez de ''destrución'' do aparato estatal (v. ''El Estado y la Revolución'' de Lenin) debido ao gran número de seres humanos que poboamos o planeta e a interrelación destes. Ademais, o anarquismo historicamente non plantexa unha teoría para chegar ao estado utópico, senón que tenta ''esbozar'' esa sociedade xusta. Gran erro.

    Quen sabe, posiblemente a saída estea, como ti dis, na educación e fomento da ética, pero non podemos pensar nun gran sentimento colectivo que provoque o cambio senón na gran frustración de moitos individuos que xere uns intereses comúns.

    Volvendo á esencia do tema, é moi posible abolir as xerarquías sociais, do mesmo modo que o ser humano conqueriu avances sociais que no seu tempo semellaban imposibles.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. dicus la verdad es que tienes razón la sociedad no esta preparada para endentarse con una en la que no hubiera ningún tipo de forma de gobierno salvo el pensamiento de el beneficio común, pues como yo lo veo en las poblaciones que me rodean nos veo como u grupo de personas que buscan el interés individual y si para ello tiene que hundir otros individuos lo hará dejando mucho que desear si buscamos el beneficio común

    ResponderEliminar