martes, 15 de febrero de 2011

ANTROPOLOXIA: as orixes do pensamento antropolòxico

A ANTROPOLOXIA PLATÒNICA. 2

Platòn consideraba que a alma (psique) humana estaba composta por tres partes, ou ben habia tres almas. Cada unha delas estaba ligada a cadansùa parte do corpo (cabeza, tronco, ventre) e lle correspondìan caracterìsticas e virtudes (areté) distintas. Asì, a parte superior do corpo albergaba à parte superior da alma (alma racional), a ùnica inmortal e responsable das funciòns superiores da alma, as relacionadas coa intelixencia, o entendemento e a razòn (logos). A parte intermedia (alma irascible) era a responsable das boas inclinaciòns e tendencias non racionàis humanas. E a parte inferior (alma concupiscible) è a sede das tendencias e inclinaciòns màis irracionàis, das paixòns e instintos que a cotìo arrastran ao ser humano perturbandoo ou desviandoo dos seus fins superiores.
A relaciòn entre estas tres partes da alma è considerada por Platòn de xeito xeràrquico, de modo que a parte superior debe naturalmente "mandar" sobre as outras duas partes da alma se o home quere, como è tamen un fin natural nel, acadar a armonìa e o equilibrio, que se relacionan, segundo un sìmil mèdico utilizado por Platòn, coa saùde da alma, como o equilibrio e armonìa das distintas partes e òrgaos do corpo estàn directamente relacionados coa sùa saùde.
O cèlebre lema mèdico "mens sana in corpore sano" parte de considerar esta ìntima relaciòn entre corpo e alma, esta interacciòn mùtua e a necesaria armonìa que hai que acadar entrámbolos dous para manter a saùde. Non obstante a prioridade da alma sobre o corpo è un suposto fundamental da antropoloxìa platònica.

4 comentarios:

  1. Se consideramos a alma como as partes do corpo, poderíase dicir que Platón tiña razón.

    ResponderEliminar
  2. Gustame esta división pero a vez faime preguntarme a que parte da alma pertencen as etremidades porque as veces facemos cosas racionais e irracionais con elas

    ResponderEliminar
  3. Lo que intenta explicar platón es las distintas areas que se caracterizan del los hombres como la irracionalidad ,aunque yo creo que la irracionalidad no existe ya que esta yo la definiría como racionabilidad no comprendida pues nos falta un nexo para unirla con el acto.

    ResponderEliminar
  4. Eu creo que a división das tres almas do corpo ten un fundamento para dividir as diferentes áreas que segundo Platón temos.
    Para min este pensamento Platónico non ten criterio ningún.
    Senón as extremidades como di o noso compañeiro en que grupo entrarían¿?

    ResponderEliminar