martes, 24 de mayo de 2011

As correntes antropolóxicas do século XX (Traballo de fin de curso)

A) DINAMISMO ANTROPOLÓXICO

O dinamismo é un contrario do estruturalismo e o funcionalismo, que son visións estáticas da sociedade e din que se algo é necesario ou básico para o funcionamento da mesma, este algo debe ser estable ou a sociedade non existiría. A crítica do dinamismo contra isto é que o cambio é evidente, e non telo en conta supón unha análise limitada da realidade. A partir dos anos 50 comézase a analizar o cambio, o dinamismo da sociedade.

Este dinamismo da sociedade é un fenómeno interno, e un elemento fundamental para a súa cohesión. Max Gluckman (Principal representante do dinamismo xunto con Leach) desenrolou o significado de conflicto neste contexto para explicar as tensións sociais. Mentres tanto, Edmund Leach desenrolou a de ciclos para describir os desenrolos periódicos e cambiantes da sociedade.

B) NEOEVOLUCIONISMO

A diferenza do evolucionismo, que tomaba como principio o desenrolo progresivo en sentido unilineal, o neoevolucionismo tenta explicar o desenrolo da cultura en función da enerxía dispoñible, considerando a evolución có aumento progresivo das técnicas para a súa obtención.

O neoevolucionismo céntrase nas causas do progreso das sociedades. Leslie White e Julian Steward, pioneiros do neoevolucionismo, resumen a definición de cultura así: a cultura é o produto das relacións históricas entre un grupo humano e o seu medioambiente.

Tanto White como Steward din que a cultura é só un dos ámbitos da vida social:

- Para White a cultura non é un fenómeno que se explica nos seus propios términos como propuxeran os culturalistas. O aproveitamento enerxético é o motor das transformacións culturais. Entón a cultura está determinada pola forma en que o grupo humano aproveita o seu entorno. O desenrolo da cultura dun grupo é proporcional á cantidade de enerxía que a tecnoloxía dispoñible permite aproveitar. A tecnoloxía determina as relacións sociais e a división do traballo como forma de organización. A súa vez, a estructura social e a división do traballo refléxanse no sistema de creencias do grupo. Unha modificación na tecnoloxía e a cantidade de enerxía aproveitada supón un cambio en todo o conxunto.

- Steward retomaba de Kroeber a concepción da cultura como un feito que está por enriba e fora da natureza. Nembargantes Steward sostiña que había un diálogo entre ambos dominios. Opinaba que a cultura é un fenómeno ou capacidade do ser humano que lle permite adaptarse o seu medio biolóxico. Steward planteaba o proceso de evolución multilineal da cultura (Isto é que non todas as culturas pasaban dun estado salvaxe a barbarie e de ahí a cultura) e que este proceso baseábase no desenrolo de tipos culturais derivados das adaptacións culturais o medio físico dunha sociedade. Steward introduce nas ciencias sociais o término de ecoloxía , sinalando con el: o análise das relacións existentes entre todos os organismos que comparten un mesmo nicho ecolóxico.

C) ECOLOXÍA CULTURAL

A ecoloxía cultural é definida por Julian H. Steward como unaha serie de principios, metodoloxías e conceptos que se aplican en diferentes condición espaciais e temporais ó estudo do home, a súa sociedade e a súa cultura. A maneira de exemplo pódese mencionar cómo as sociedades usan o seu acervo cultural para adaptarse socioculturalmente a condicións ambientais con características particulares. A adaptación sociocultural é o resultado dunha serie de axustes progresivos, que poden ser ou non evolutivos, pero que explican os mecanismos de natureza social e cultural que as sociedades humanas crean ou recrean para usar, maneixar ou explotar o seu ambiente.

Steward, no seu libro Theory of culture change
explica que a ecoloxía cultural ten por obxecto o estudo dos procesos a través dos cales unha sociedade adáptase socioculturalmente ó seu ambiente. Ademáis explica cómo unha sociedade e as súas diversas institucións para ser estudiadas e comprendidas deben ser analizadas como adaptacións socioculturais a ambientes específicos.

A ecoloxía cultural estuda as relacións do home co seu ambiente físico a través de niveis de integración que van do local ó rexional, ó nacional ou ó internacional. Afirma que os patróns de comportamento culturais permiten a adaptación do home ó ambiente mediante unha serie de interacción dinámicas. A adaptación sociocultural realízase mediante axustes que non son filoxenéticos e polo tanto varían de acordo cos sucesos que afectan a vida das comunidades. Esta teoría pon especial atención nas reaccións e respostas emitidas polos seres humanos a través do que coñecemos como cultura, a cal permítenos comprender e explicar os procesos de cambio social e as adaptacións. Este razonamento teórico permite tamén entender cómo os grupos humanos poden percibir os efectos ocasionados polos riesgos no ambiente.


A ecoloxía cultural é unha ferramenta metodolóxica para investigar e pódese analizar dende o punto de vista dos cambios con respecto á adaptación do home
e o seu ambiente. O concepto básico é o de adaptación sociocultural ó ambiente, considerando sempre á cultura como un elemento decisivo que permite ás sociedades saber cómo actuar ante ciertas circunstancias y manifestaciones de los componentes del ambiente para ajustarse a ellos.

D) MATERIALISMO CULTURAL

O Materialismo Cultural é un paradigma antropolóxico baseado, pero non limitado, polo pensamento Materialista Marxista. O termo Materialismo Cultural, usado por primera vez por Marvin Harris no seu libro The Rise of Anthropological Theory (1968), derívase de dous palabras: "Cultura" (Estrutura social, linguaxe, leis, relixión, política, arte, ciencia, supersticiones, etc.) e "Materialismo" (A materia en lugar do intelecto ou da espiritualidad, é fundamental para a realidade). Harris desenrolou o Materialismo cultural con ideas prestadas de doctrinas antropolóxicas existentes, especialmente do Materialismo Marxista.

Materialismo Cultural: Infraestrutura, Estrutura e Superestrutura:
O Materialismo Cultural amplía e retén os Tres Niveis Marxistas do modelo cultural:
Infraestrutura, Estrutura e Superestrutura.

- Infraestrutura: población, necesidades biolóxicas básicas e recursos (Traballo, equipo, tecnoloxía, etc.).

- Estrutura: patrón de organización (Goberno, educación, patrón de producción, etc.).

-Superestrutura: institucións sociais (Leis, relixión, política, arte, ciencia, supersticións, valores, emoción, tradicións, etc.).

Materialismo Dialéctico Marxista (Conceptos e ideas son o resultado da condición material) e Materialismo Histórico Marxista (Membros influíntes da sociedade dominan a condición material, mentres que as institucións sociais da sociedade están baseadas na condición material) difiere do Materialismo Cultural en varios aspectos claves. O Materialismo Cultural mantén que a Infraestrutura ten influencia sobre a Estrutura, mentres que a Estrutura exerce pouca influencia sobre a Infraestrutura. O Materialismo Marxista, por a súa parte, sostén que a Infraestrutura ea Estrutura influéncianse mutuamente. Otra diferencia entre o Materialismo Cultural e o Marxista é a Teoría de Clases. O Materialismo Marxista cree que o cambio social soamente é beneficioso para a Burguesía, mentres que o Materialismo Cultural cree que o cambio social tamén é beneficioso para o Proletariado.

O Materialismo Cultural busca explicar a organización cultural, a ideoloxía e o simbolismo dentro dun marco materialista. Os materialistas culturais creen que a sociedade desenrólase mediante o método de ensayo e erro. Se algo non é beneficioso para a habilidade da sociedade de producir e/ou reproducir, ou fai que a produción e/ou reprodución excedan dos límites aceptables, desaparecerá dun todo da sociedade. O Materialismo Cultural ignora a Émica (A opinión da sociedade) en favor da Ética (Observación dos fenómenos a través de métodos científicos).

No hay comentarios:

Publicar un comentario