O estruturalismo é unha corrente antropolóxica, rama da antropoloxía social, cuxo máximo ideólogo é Claude Lévi-Strauss. Defende que os fenómenos sociais se baséan en operacións lóxicas fundamentadas en estruturas, a través das cales se produce o significado dentro dunha cultura. Así, o seu obxectivo é o de estudar estas estruturas. Por iso, a lingüística, os mitos e o parentesco son obxectos de estudo desta corrente.
LÉVI-STRAUSS
O seu iniciador, Claude Lévi-Strauss (1908-2009), foi un etnólogo e antropólogo belga do cal podemos dicir fundou a escola estruturalista. Tras estudar Dereito na Sorbona, París, estuda Filosofía e exerce a docencia nun instituto de secundaria en Brasil, sen embargo non realiza a súa tesina ata 1948 tras participar na II Guerra Mundial, a cal trataba sobre as estruturas de parentesco e un estudo sobre a sociedade Nambikwara. Nas década de 1950 traballa en distintas institucións antropolóxicas. En 1955 publica Tristes trópicos, unha das súas obras maestra a cal o impuls, e en 1962 O pensamento salvaxe, que xunto a Mitolóxicas (1964-1971), forman as súas obras cumbre.
ESTRUTURALISMO E LINGUAXE
O estruturalismo, como xa dixemos antes, centra o seu estudo sobre as estruturas do pensamento humano. Así, non se atende á evolución humana, senón á interpretación do material existente, clasificándolo en estruturas. Nun primeiro momento (estruturalismo inxenuo), entendíanse as estruturas lingüísticas como equivalentes ás estruturas sociais mentres que nun segundo período (metaestruturalismo), que comeza tras a publicación de O pensamento salvaxe, enténdense como estruturas materiais as cales se reflicten na nosa linguaxe. Así, o estruturalismo rematou por acercarse máis ao campo da filosofía.
ESTRUTURALISMO E MITOLOXÍA
O estruturalismo sostén que baixo a aparente narración fantástica ocúltase un motivo que se repite diacrónicamente. Por exemplo, na nosa tradición está presente o mito de Adán e Eva, que di que a muller é a portadora do pecado orixinal. Así, esta podería ser unha explicación da discriminación de xénero na nosa sociedade. Segundo o estruturalismo, esta análise debe de se realizar baixo 1)recoñecemento de utilidade dos datos históricos dispoñibles 2)a investigación sistemática dos temas míticos e o seu lugar na cultura, o pensamento e a ideoloxía 3) confrontación entre mito e ritual.
ESTRUTURALISMO E PARENTESCO
A teoría da alianza, desenvolvida polos pensadores estruturalistas establece que o matrimonio é a base da sociedade. Establece que a partir deste se van creando as estruturas sociais, sempre dende o principio común da prohibición ou tabú do incesto, porque permite que se dea a exogamia. Despois, en cada sociedade hai unhas regras de linealidade e distintas combinacións entre os átomos de parentesco. Lévi-Strauss diferenciou entre tres tipos de sistemas de parentesco: a) os simples, nos cales a cultura define cales son os elementos incestuosos e prescriben a categoría das persoas coas que poden casar b)os complexos, nos cales a selección da parella é libre para cada persoa (como ocorre en Occidente) c) os semicomplexos, onde o sistema prohibe só certos enlaces
ESTRUTURALISMO FILOSÓFICO
Cabe dicir que o orixe desta corrente de pensamento tivo a súa orixe tras a aparición do existencialismo de Sartre e o xiro deste cara a posicións marxistas. Comezou por Lévi-Strauss e continuaron Louis Althusser e Michelt Foucault, a pesar de que estes negaron pertencer a dita forma de pensamento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario