jueves, 19 de mayo de 2011

Respecto á entrada anterior sobre contracultura


No último apartado do meu artigo, titulado ''Tribo urbana e contracultura dende unha perspectiva antropolóxica'' falaba dunha nova mocidade comprometida e cuxa forma de vida é a contracultura. Naqueles días, podíase albiscar a presenza deste novo sector da poboación, que poderíamos dicir que son os ''ni-nis'' compometidos. Hoxe, o compromiso social é unha realidade e podemos velo nas nosas rúas, xa que son os promotores das protestas da ''primavera europea'' en España, baixo o nome de ''Democracia real xa'', ''Xuventude sen futuro'' ou ''Movemento 15-M'', surxidos das redes sociais, especialmente do hashtag de Twitter ''#spanishrevolution'' ou ''#nonosvamos''.

É previsible, a tenor das condicións obxectivas, un novo cambio social?

3 comentarios:

  1. Eu creo que sen unha revolución non será posible un cambio social. Ós grandes poderes da sociedade non lles interesa ningún cambio social.

    ResponderEliminar
  2. estou de acordo con diccus fai falta una revolución para cambiar os grandes poderes da sociedade

    ResponderEliminar
  3. A xuventude "indignada" portuguesa converteu no seu himno esta bonita canciòn do grupo luso Deolinda : "Que parva que eu sou"

    http://www.youtube.com/watch?v=EmBQPtaXukQ

    profe

    ResponderEliminar