martes, 10 de mayo de 2011

Antropología musical

O concepto de música hai tempo que cambiou dende os seus inicios. Agora é unha arte e profesión, que da cabida a todo tipo de expresión instrumental, é dicir, que coñece e comprende tanto ao "heavy metal", coma "punk" ou "reggea". Poderíase dicir que a música hoxe en día é a transmisión de sentimentos, pensamentos ou emocións mediante uns instrumentos, tanto naturais ( por exemplo, a voz humana ) ou artificiais ( creados polo home ).

No seu orixe, non atopamos mostras claras que evidencien un "nacemento" musical, senón que ocorreu coma se fose un espertar musical, que veu ligado ao desenvolvemento da lingua. Ao principio experimentouse coa voz e os seus diferentes tonos e sons, acompañandoa con golpes de zonas do propio corpo ou con rocas ou palos sobre outras superficies, creando unha percusión, non obstante, sen melodía. Según evolucionou a lingua, a música, seguiu o seu camiño dunha maneira directamente proporcional.

Moito máis adiante, na Antiga Grecia, por exemplo, críase que a música era un regalo divino, traido polo deus Hermes, que portaba unha arpa ( non as grandes e actuais que coñecemos agora, claro está ). Noutras sociedades como a China, surxiu por unha orde do emperador, que encomendou aos seus súbditos copiar os sons da natureza.

O certo é que case todas senón todas as sociedades que tocaban música, non soamente a tocaban, máis ben a empregaban, é dicir, a maioría de tribus e sociedades primixéneas crían nunha música traída e dada polos deuses, e os individuos a utilizaban para comunicarse con eles, xa sexa agradecéndollo ou solicitándolle cousas, e incluso quizáis intentando contentas coas súas creacións musicais ás propias deidades.

E pouco a pouco, debido a uns ou outros ambientes sociais foi crecendo o repertorio de instrumentos e coñecementos musicais ata acadar o que é hoxe en día

No hay comentarios:

Publicar un comentario