¿QUE SON AS TRIBOS URBANAS?
O termo tribo urbana aparece por primeira vez nos medios de comunicación, e nun primeiro momento facía alusión aos hábitos de vida que tiñan algúns mozos e mozas en común en resposta á uniformidade da sociedade. Non obstante, isto tan só tivo unha función mediática para crear alarma social.
Hoxe en día a antropoloxía tamén está estudando o fenómeno. A orixe desta resposta xuvenil radica no descontento coa propia sociedade e o sistema, que establece moi rixidamente na mocidade un modelo de vida paralelo ao da cultura dos adultos, da que é implícita a individualidade, o consumismo, a aceptación do código moral vixente, etc. Deste modo, aparece unha nova cultura con tódolos seus trazos: linguaxe compartida, conciencia colectiva, simbóloxía común...isto é o que se denomina tribo urbana ou subcultura.
Algúns antropólogos distinguen entre os movementos xuvenís subversivos de mediados do século XX e as tribos urbanas contemporáneas, debido a que os primeiros tiñan unha profunda base ético-política que rompía totalmente co modelo establecido e que o propio sistema remata alimentar as tribos urbanas modernas.
Podemos citar distintas tribos urbanas, das que difiren entre unhas e outras trazos como pode ser o uso violencia, a clase social, a estética, etc. Non obstante, tamén hai outros patróns comúns a todas:
·Marxinalidade: alónxanse da convencionalidade de ocio xuvenil tendo, nalgunhas ocasións, comportamentos antisociais.
·Informalidade: o seu compromiso non radica nunha organización, e, de habela, non se elevarían as siglas por riba da conciencia común.
·Indumentaria común: no código moral destas subculturas a estética ten un alto grado de importancia, e remata por crearse un dogma propio.
CONTRACULTURA
O termo contracultura é distinto ao de subcultura (ou tribo urbana). Refírese a unha cultura que conforma unha antítese á cultura hexemónica nunha sociedade surxida non por motivos históricos, senón pola conciencia común de un grupo da poboación. Podemos citar neste grupo os movementos subversivos de mediados do século XX con nome (hippies, por exemplo) ou sen el.
CONTRACULTURA NO SÉCULO XXI?
Hoxe en día tamén podemos atopar movementos parecidos aos de mediados do século XX, que non teñen tampouco un código de comportamento e vestimenta nin un nome que os designe. Este grupo contracultural é de orixe recente e surxe de diversos ámbitos. Confórmano xóvenes occidentais, polo xeral de cursando estudos superiores e que mostran unha ideoloxía altermundista con rasgos de movementos anteriores: marxismo, psicanálise, anarquismo, situacionismo... non obstanteé un espectro social moi heteroxéneo e que non un patrón ou institución común, a pesar de que movementos como o de Anonymous recentemente ou as protestas de Seattle en 1999 surxiron deste tipo de xóvenes. Ademais, culturalmente teñen un espazo musical no que destacan diversos estilos musicais: hip-hop, rock, reggae, etc. e artisticamente o graffiti(á marxe, obra de Banksy, artista rueiro altermundista) ou a arte contemporánea. Insistimos, sen embargo, de que este grupo social non pode ser medido nin relacionado baixo ningunha sigla, pero é a unica referencia contracultural á marxe das tribos urbanas.

Nas tribos urbanas non teñe porque ter tanta importancia a vestimenta, eu vou a garitos heavys e encontras xente que vai vestida con ropa normal y non levan o pelo largo e nembargantes tamén escoitan heavy y séntense membros desa subcultura.
ResponderEliminarClaro Diccus, podense sentir membros dun movemento musical, pero non dunha subcultura, as culturas coma as nacións teñen que ter uns trazos característicos coma territorio, lingua, culturas e quizáis non tanto vestimenta. Sen embargo, dentro dun ámbito moito máis pequeno como é o das "subculturas", a vestimenta é algo característico aos pertencentes dunha cultura. Outra cosa é, coma xa dixemos, a identificación coa xente, coa música ou co movemento, pero isto non implica a pertenza ao mesmo.
ResponderEliminar