jueves, 16 de junio de 2011

Antropología económica e familiar de Galicia

Económica

A economía labrega galega depende da marcha da economía xeral do país. Mentres non chegaron as melloras tecnolóxicas e o desenvolvemento industrial a economía campesiña non puido acadar un maior grao de especialización. Co aumento da poboación e a demanda de productos agrícolas puidéronxe xa especializar e ir relegando no policultivo.

O abandono paulatino dos cultivos tradicionais tamén acabou co abandono da forma tradicional de estructurar as zonas de cultivo.

A economía mariñeira: o traballo dos homes no mar deixaba a producción de autoconsumo agrícola en mans das mulleres, estas tamén se encargaban das reparacións doa aparellos de pesca, pódense distinguir dous tipos:

Actividade mariñeira de baixura que permite compaxinar esta actividade coa agrícola e a actividade mariñeira de altura que coa incorporación dos barcos factoría se converteu nunha actividade industrial.

O marisqueo que antes se tomaba como unha actividade complementaria as outras tomou unha gran forza cando o marisco se converteu nun artigo de luxo e se comezou a valorar e comercializar nas cidades.

Familiar

En galicia a familia extensa foi moi importante durante moitos séculos cantas mais relacions había nunha comunidade mais doado era obter axuda en tempos de moita actividade, moitas familias fan estas tarefas rotativas nas casas.

Hoxe en dia estanse reducindo as familias e por tanto as relacións entre elas por mor dun entorno mais industrializado.

Antes coas familias numerosas as terras repartíanse en minifundios que facían mais difícil o cultivo industrial coma o que se está a estender neste momento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario