jueves, 16 de junio de 2011

RELATIVISMO CULTURAL

Relativismo cultural e etnocentrismo, dous correntes de pensamento antropolóxicas referentes á nosa percepción respecto ás diferentes culturas existentes no mundo. Enton, en que diferencianse? Imos ver, o relativismo cultural é a actitude pola cal analizase o mundo de forma que non haxa ningunha comparación ou valoración extra entre a cultura propia e a cultura a estudar, simplemente a observación e comprensión, se somos capaces. O etnocentrismo implica unha crenza de que a cultura propia é máis importante ou superior, en uno o en todos os seus aspectos.



Se ben, estos dous conceptos teñen grandes matices que abren as portas a distintas interpretacións dentro deles, por exemplo, para algúns, este relativismo cultural non é nada máis que un nihilismo absoluto sobre os valores culturais, mentres que outros opinan que todo pode ser relativo nunha cultura excepto a moralidade e ética da cultura respectiva.



De todas formas, xeralmente, o relativismo cultural conleva a considerar calquer aspecto dunha sociedade ou grupo en relación cos propios estándares dese grupo, sen entrar na valoración conrespecto a unha cultura universal ou unha cultura propia. É dicir, considera relativas ás súas culturas os diferentes tipos de matrimonio, tanto poligamia coma poliandria. Polo tanto, considérase totalmente errónea a idea de que unha cultura é superior a outra, pensamento que seguen algunhas sociedades coma a greco-romana, xudeu-cristiana...Pretendendo manter unha relación accesible frente a outros grupos, deixando esa presunción característica de occidente.


Agora, como atopar as claves para non entrar en valoracións? Existen catro puntos importantes:


  • As culturas son diferentes en canto a súa educación moral, debido a que cada pobo ou sociedade aplica a que pensan e creen correcta.

  • Non só a nivel educativo, senón en todolos aspectos, cada cultura aplica as súas crenzas e pensamentos porque pensan que é o mellor e máis correcto para eles mesmos.

  • O relativismo cultural considera imposible o feito de ter un criterio para comparar as sociedades, xa que cada sociedade está baseada nunhas "columnas" culturais diferentes.

  • Finalmente, o relativismo cultural considera que non hai unha soa verdade absoluta que abrangue todas as verdades ou xustifique todo.



Coma conclusión podemos localizalo límite ou ata donde pode chegar este relativismo cultura, e para atopalo, utilizaremos unha frase de James Rachels, " o único razoamento que prudentemente podería usarse para censurar as accións de calquera sociedad incluída a nosa, e toda aquela que limita ou reduza o bienestar das vidas que forman esa sociedade ou cultura", coma por exemplo a ablación ou a pena de morte.



O etnocentrismo é un concepto que trata de ser evitado polos científicos Franz Boas e Malinowski que prantexan que todas as ciencias deben de contar cun rasgo non etnocentrista, xa que de ser ao revés, sería moi difícil acadar un progreso tan rápido e práctico no que nos atopamos agora, xa que únicamente consideraríamos útil aquelas cousas que estan dentro do noso contorno e soamente investigaríamos aquilo supostamente necesario, derivando nunha actitude totalmente individualista e partidista.





Esta menospreciación ou valoración extrapositiva da nosa cultura ou das demáis existe en catro variedades:


  • Etnocentrismo invertido: pensar que a propia cultura é inferior a outras e resulta un obstáculo para o progreso.



  • Etnocentrismo racial: pensar que os membros da propia cultura teñen unha dotación xenética failles superiores ou mellores cara un desenrrolo da civilización.



  • Etnocentrismo lingüístico: pensar que a lingua propia é máis complexa, útil e sutil para o pensamento que as doutros pobos, que son bárbaras e rudas.


  • Etnocentrismo relixioso: pensar que a cultura relixiosa é superior debido as crenzas e que as nosas verdades son únicas, fronte as outras.



Finalmente, sen entrar a valoracións, podemos asegurar que unha corrente de pensamento e tolerante ou máis tolerante e a outra non o é, son diferentes conceptos e movementos, cal é o adecuado? Iso depende de vos mesmos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario