Como indica o titulo este apartado vai facer referencia a unha confrontación de ideas de dúas correntes antropoloxicas a antropoloxía evolucionista e o particularismo histórico,pero de que tratan estas dúas correntes ? En xeral as dúas son antropoloxicas aplicadas a evolución das culturas humanas. A primeira en aparecer cronoloxicamente sería a antropoloxía evolucionista e máis tarde o particularismo histórico que criticaría a anterior e rechazaría as súas ideas.
Agora vou a explicar un pouco de cada unha por separado:
ANTROPOLOXÍA EVOLUCIONISTA
Surge a mediados do século XIX como un intento de explicar as diferenzas entre as diversas culturas do mundo. Para os primeiros evolucionistas da época as culturas empezaban nunha sociedade primitiva e acababan en sociedades máis civilizadas.Tamén nesta época fanse moitos estudos de sociedades africanas e pacificas ademáis de sociedades de tempos pasados ,que reforzaron o traballo desta nova disciplina.
Tres elementos clave para o evolucionismo serían : o metodo comparativo, os chamados survivals e o difusionismo.
-O uso do método comparativo fai aparecer a idea de que as culturas máis simples son as predecesoras as máis complexas.Foi moi usado por os antropólogos cando viron que no ambito biolóxico explicouse a evolución de especies simples a complexas. Pero ainda así sufriu varias criticas sobretodo na elaboración incorrecta das mostras a analizar.
-Os survivals é o nome que se lle puso os aspectos das culturas que se crearon en épocas pasadas e perduran na actualidade,grazas a isto puidose estudar como foron as culturas ao longo da sua evolución e por que eses aspectos ainda perduran. Sen embargo os survivals foron moi criticados polos funcionalistas.
-O difisionismo ,en resumen, aclaranos que os rasgos antropoloxicos obtidos por unha cultura difunden pola sua periferia e vanse asentando nos territorios de seu redor. Sen embargo isto non axuda a comprender cal é o a orixe dos ragos antropoloxicos.
Entre as diferentes teorias da antropoloxía evolucionista destaca a teoria de Lewis Henry Morgan a cal asenta a idea principal da antropoloxía evolucinista. A crenza de que as culturas pasan todas por igual por diferentes niveis nos diversos rasgos da cultura, e que actualmente as diferentes culturas foronse asentando nos niveis que teñen agora. Isto implicaría que todas as sociedades teñen unha mesma liña evolutiva que vai dar na sociedade que naquel tempo criase a mellor, a occidental.Por exemplo no ambito da técnica as sociedades pasarían por salvaxismo,barbarie e chegarían a civilización; ou no ambito das relacións sociais e familiares nas que se pasaría polas fases consanguinea,punalúa,sindiásmica e por ultimo a monógama.
PARTICULARISMO HISTÓRICO DE FRANZ BOAS
Nace como unha nova forma de entender a evolución das culturas, rexeitando as ideas da antropoloxía evolucionista dando a sua propia tesis de cómo se desarrolla unha sociedade ao longo da historia.Cando falamos de particularismo histórico estamos falando de Franz Boas o seu representante máis coñecido e un dos grandes da antropoloxía a principios do século XX.
Non é que Boas rexeite as ideas de outras cocepcións da evolución das sociedades de feito alaba o seu traballo pero propon que non debemos cosiderar que as sociedades teñen unha linea evolutiva común por onde todas pasan e vanse asentando en diferentes niveis, senon que debemos pensar que cada sociedade ten unha linea evolutiva propia por onde evolucionan ata convertirse no que son agora.Este é unha das máis importantes ideas do particularismo histórico.
Boas tamén fai unha crítica ao método comparativo e o tacha de insuficiente para o estudo da evolución das sociedades e dictamina unha via de estudo máis centrada na historia da sociedade e que sea soamente valida para a sociedade estudada.
Un dos maiores logros de Boas foi o rexeitamento do etnocentrismo, e decir,rexeita a crenza de que a sua sociedade é a mellor e fai o seu traballo dende un punto de vista máis obxetivo.
COMO SE CONTRADICEN AS DÚAS
Vendo a pequena reseña feita de cada unha podese ver que hai un punto no que se contradicen totalmente.Para ser exactos o punto no que se trata a forma da evolución das sociedades , a antropoloxía evolucionista di que todas as sociedades seguen unha linea de evolución e que cada sociedade baise asentando nun dos niveis existentes,mentres que o particularismo histórico di que cada sociedade segue a sua linea evolutiva ata consalidarse na sociedade final que existe no presente.Quizais este simple debuxo poida explicar o dito:
Para empezar hai que dicir que cada forma xeometrica representa a un tipo de sociedade, por exemplo o cadrado representaría unha sociedade primitiva , o triángulo a unha bárbara e o círculo a unha civilizada.Agora ben a zona da esquerda , a que esta no fondo gris , representaría a antropoloxía evolucionista e nos quere dicir que so existe unha linea evolutiva que pasa por todos os tipos de sociedade ata chegar á civilizada,tamen interpretase que as sociedades poden quedarse nos niveis inferiores.Despois a zona da dereita ,a que esta no fondo de cor branca,vese varias lineas de evolución que desembocan nos diferentes tipos de sociedade sen ter que pasar po os outros tipos,interpretase que cada sociedade ten o seu modo de evolucionar para chegar ao que son independentemente do avanzadas que estean, esto representaría ao particularismo histórico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario