jueves, 7 de abril de 2011

Antropoloxía soviética e marxista

A análise marxista, que establece que a ideoloxía dunha sociedade é o reflexo dos seus modos de produción, tamén foi certa nas sociedades pseudocomunista. Así, nesta sociedade, a antropoloxía tamén sufriu unha variación. A partir da Revolución de Outubro de 1917, pero máis fondamente na consolidación do aparato burocrático da man de Stalin, esta ciencia pasaría a xustificar a orde social vixente, ou mellor dito ao que aspiraba: o obxectivo da disciplina sería demostrar a igualdade dos pobos do mundo, a variabilidade do humano, a etnografía dos pobos eslavos e o efecto do socialismo nestes.

Así, destacan o etnólogo Pavel Ivanov Kouchner e o pai da escultura forense, Mijail Gerasimov, ambos apoiados polo aparato estatal.

Non obstante, podemos falar tamén dunha antropoloxía relacionada co marxismo, a cal resistiu ao silenciamento das teses evolucionistas en pleno fascismo e stalinismo (anos 20, 30 e 40). Así, esta sería herdeira directa das teses de Marx e Engels (baseadas nas de Morgan e Hegel. Poderíamos citar, entre outros, a Leslie White, Gordon Childe, Julian Steward e Karl Wittfogel (Introducción a la teoría etnológica, Ángel Palerm).

Posteriormente, o materialismo cultural (Marvin Harris) adaptaría as teses do materialismo marxista ao estudo da cultura e o comportamento da sociedade.

1 comentario:

  1. Poderíase dicir que a execución na práctica da antropoloxía soviética atopouse grazas aos diferentes dirixentes que levaron a cabo este modelo de estado non?

    ResponderEliminar